20% OFF shipping at azure.archi on orders over $79 + up to 10% OFF products
azure.archi
home > LUAR NA LUBRE – MAR MAIOR > LUAR NA LUBRE – MAR MAIOR
download picture
LUAR NA LUBRE – MAR MAIORUn traballo de 2012, que percorre os vellos lazos de unin de Galicia coa verde Irlanda pouco despois de que o pasado 2011 celebrase o seu 25 aniversario. Lista de temas 14 Camia Don Sancho 13 Les Set Gotxs 12 Canto de Arada 11 Milesians 10 Ao pasar pola Corua 09 Mandadei Comigo 08 Leabhar Ghabhla 07 Santa Mara Loei 06 Dona Alda 05 Gran Sol 04 Camio de Cain 03 Ith 02 Romance de Novembro 01 A Invocacin de Amergn Ben saben galegos e irlandeses nas das
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

 

Un traballo de 2012, que percorre os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda pouco despois de que o pasado 2011 celebrase o seu 25 aniversario.

Lista de temas
14 Camiña Don Sancho
13 Les Set Gotxs
12 Canto de Arada
11 Milesians
10 Ao pasar pola Coruña
09 Mandad´ei Comigo
08 Leabhar Ghabhála
07 Santa María Loei
06 Dona Alda
05 Gran Sol
04 Camiño de Caión
03 Ith
02 Romance de Novembro
01 A Invocación de Amergín

Ben saben galegos e irlandeses nas dúas beiras da gran baía do Mar Maior que nas súas terras azoutadas polo salitre non é onde acaba o mundo, senón onde o gran océano comeza.Para os fisterras atlánticos endexamais o mar ten sido unha fronteira, senón un camiño de ida e volta, de intensa efervescencia e intercambio cultural. Neste Mar Maior levan traballado durante séculos os mariñeiros galegos que pescan no Gran Sol e dende tempos prehistóricos este é o gran mar dos Milesios, os descendentes de Mil, ao cal a tradición irlandesa considera o pai ancestral desa nación.
Luar Na Lubre viaxa no seu novo traballo á Idade Media para agasallarnos cunha combinación destas dúas grandes culturas por medio de fermosos anacos das súas representacións literarias máis importantes e recoñecidas: a lírica galaico-portuguesa e a literatura gaélica medieval.A lírica galaico-portuguesa desenvolveuse principalmente en terras de Galicia e Portugal entre os séculos XII-XIV. Esta lingua vernácula recollía tradicionalmente o folclore, a sabedoría do pobo, que cantaba os seus amores, traballos e penas en diferentes composicións orais transmitidas de xeración en xeración, como son as cantigas, os romances ou os cantares de traballo. Mais a nosa lingua deu un pulo cando os grandes trobadores e xograres “roubáronlla” á lírica popular para compoñer os seus cantos. Recollendo tanto a temática xa existente, como aquela que proviña dos trobadores provenzais grazas ao Camiño de Santiago, estas novas cantigas acadaron a grande fama que merecen grazas aos xograres Martín Codax, Mendinho ou Airas Nunes, pero tamén grazas aos reis-trobadores Don Denís e, especialmente, Alfonso X “O Sabio”, que contribuiu coas súas Cantigas de Santa María a que o galego-portugués se convertese nunha lingua de cultura máis aló das terras galegas.
Pola outra banda, nesa mesma época foi compilado Leabhar Gabhála Éireann (O Libro das Invasións de Irlanda), unha mestura de mitoloxía, pseudohistoria, folclore e historiografía cristiá que os irlandeses aceptaban sen cuestión coma a súa historia ata ben entrado o século dezaoito.
O manuscrito, redactado en irlandés medieval, relata como nunha clara noite de invernía Ith estaba no cumio da torre que o seu pai Breoghán, que para os galegos é o pai da nación e como tal é recoñecido no seu himno, construira nun lugar chamado Brigantia e viu unha illa ao lonxe. Decidido a atopar aquela illa, Ith embarcou co seu fillo Lughaidh e varios guerreiros.
De seguido, desembarcou nun lugar chamado Ventrach Moighi Hiota no que hoxe é o condado de Kerry e pronto atopou os habitantes da illa, os Tuatha, que lle dixeron que esta levaba por nome Inis Ealga e que estaba habitada por unha serie de tribos que neses intres estaban en loita. Cando Ith soubo deses enfrontamentos deulles o consello de que deixasen de loitar entre eles porque a illa era rica en mel, pescados, colleitas e o clima era benigno, por todo isto era un lugar onde as diferentes xentes podían vivir en paz. Estas verbas fixeron que os isleños sentiran ciumes porque temeron que, ao saber Ith das riquezas da illa, quixera conquistala e por esta razón decidiron matalo. Logo de despedirse do rei dos Tuatha, Ith voltou ó seu barco, mais antes de que puidese embarcar foi ferido de morte. Cando o barco tocou terra en Brigantia e os fillos de Mil, neto de Breoghán, viron morto a Ith, enfureceron e decidiron vingalo, polo que organizaron unha expedición de cinco barcos con Donn, fillo de Mil, ao mando. Ao chegaren á illa, a maxia dos Tuatha fíxolles imposible ver terra e estiveron perdidos no mar durante tres días. Unha terrible tormenta provocada polos Tuatha botou a pique o barco; foi entón cando o poeta Amergín, que ía nesta segunda expedición, recitou a súa sobranceira invocación á terra de Irlanda e aos elementos e venceu co seu poema a maxia dos Tuatha. Por isto a miúdo é considerado como o primeiro poeta de Irlanda. Segundo a tradición irlandesa, esta foi a última invasión de Irlanda e non foi exterminada por praga ningunha nin expulsada por outras xentes.
Así, trala derrota dos caudillos gaélicos na batalla de Kinsale en 1602, un dos primeiros actos na Coruña dun refuxiado da batalla, Red Hugh O´Donnell, foi ir visitar a Torre de Breoghán nesta cidade, dende onde el cría que moitos séculos antes os seu antepasados saíran cara ao Éire. Mesmo hoxe en día as xentes dos Gaeltachtaí (lugares onde se fala irlandés) aínda lembran a historia de Mil e os galegos son sempre ben recibidos como membros da gran familia milesia.
Viaxemos, pois, con Luar Na Lubre ata as terras de Castela onde O Rei Sabio escribiu nunha lingua entón prestixiosa e agora tantas veces minorada. Voltemos a Galicia a contemplar as ondas do Mar de Vigo de Martín Codax, de alí embarcaremos cara ao norte seguindo a corrente do Curricán que surca nun camiño de ida e volta polo grande océano da música, da poesía e dos soños. ¡Boa viaxe!

Carme R. Alonso
Dublín, abril 2012

Colaboracións:
– Nani García: Teclados, temas IV, VI, XII; Arranxos de
corda, tema XIV
– Quinteto Cimarrón: Eduardo Coma (violín 1), Lázaro
González (violín 2), Raymond Arteaga (viola), Luís
Caballero (chelo), Óscar Rodríguez (contrabaixo), tema XIV
– Miguel Queixas: Batería, tema II, V
– Rubén Montes, Miguel Queixas, Miguel Cabana: Tambores, odaikos, batás e percusións industriais, temas I, VII, XI
– Roi Casal: Arpa, temas I, XII
– Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Carmen Rey: Coros,
temas I, II, X
– Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso: Coros, temas I, VII, X
– Roberto García: Tumbadoras, tema VIII
– Sergio Fernández: Baixo, tema II
– Maria Xosé Silvar “Ses”: Pandeiretas, temas V, X, XI
– Sergio Delgado: Teclados, temas II, VII

MÚSICA MEDIEVAL
A música medieval ten neste novo disco, editado por Warner Music Spain, un importante protagonismo, sobre todo a galaico portuguesa, aí­nda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas, así­ como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no ‘Leabhar Ghabhala Eireann ou ‘Libro das Invasións de Irlanda’, escrito polos monxes irlandeses no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia, e que coincide coa época de méximo esplendor da lí­rica galaico portuguesa.

LUAR NA LUBRE – MAR MAIOR

Item no : 56218230696
sold recently : Login >>
US$ 11.95
Pay in 4 interest-free payments of $2.99 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 2 - Jul 7

Enjoy 20% off shipping

US$ 11.95

1-11

US$ 10.75

12-35

US$ 8.36

36-59

US$ 7.17

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches