Detrás das fachadas de luxosos edificios parisienses, das inmensas portas dos castelos, dos vans de vastas vilas na Costa Azul, agóchase un persoal invisible pero presente a diario ao servizo das grandes fortunas. Amas de chaves, mordomos, camareiras, lavandeiras, cociñeiros e choferes traballan da mañá á noite, e moitas veces tamén de noite, para satisfacer as necesidades e desexos dos millonarios que os empregan nas súas casas.
Como resultado dunha investigación sociolóxica inmersiva ao longo dos anos, Alizée Delpierre amósanos a «explotación dourada» do servizo doméstico dos grandes ricos, necesaria para consolidar o seu poder e manter os seus privilexios de clase.
Alizée Delpierre é socióloga, especializada en servidume, explotación laboral e grandes fortunas. É autora de Servir les riches (2022), Les domesticités (2023) e coeditou a obra colectiva Les femmes de ménage dans l’intimité du domicile (2023). Dende hai varios anos codirixe o seminario «DomesticitéS» (Printemps/Irisso), dedicado a reflexionar sobre os temas que rodean o traballo doméstico. A súa investigación centrouse tamén nas políticas públicas de reincorporación ao traballo na era da dixitalización dos servizos públicos.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)








![[Lot of 2] Honeywell V3L-1238-D9 Micro Switch Snap Limit Switch](https://cdn.shopify.com/s/files/1/0644/2706/5475/files/redimensionar_f2433f25-6af6-4d6c-b1fd-dfd93bb6df9c.jpg?v=1752271862)



