20% OFF shipping at azure.archi on orders over $79 + up to 10% OFF products
azure.archi
home > LUAR NA LUBRE – RIBEIRA SACRA > LUAR NA LUBRE – RIBEIRA SACRA
download picture
LUAR NA LUBRE – RIBEIRA SACRAEste traballo de 2018, incle 26 temas que proveen de composicins propias, msica tradicional e melodas que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta a primeira vez que se fai un disco destas caractersticas para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a travs da msica, un territorio que desde sempre patrimonio da humanidade, anda que oficialmente anda non, e a nosa idea poder
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Este traballo de 2018, inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.

‘Ribeira Sacra’ conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

TEMAS

1 Os tafenos da gaurra
2 Amencer
3 Cantar de Romasanta
4 Ambiente entroido
5 Danza dos felos
6 Afiador
7 Canción da noite do afiador
8 Marcha de Santa María
9 Son do carro do pais
10 Se queres
11 Sons no rio Niñodaguia
12 Xota e Muiñeira de Ourense
13 Roda antiga de cacharreiro
14 Xota de Niñodaguia
15 Muiñeira con campás
16 San Pedro de Rocas
17 Toca Brais
18 Son de lume nunha chouriceira
19 Alento
20 Que viva Esgos
21 Canóns do Sil
22 Vacas con esquilóns
23 Canto de Reises de Espadanedo
24 Manolo mío
25 Canto de afiador por Serafin Pernas
26 Copla afiadores Emilio do Pando

Rovoyra Sacrata… Esa primeira mención xeográfica recollida no documento fundacional de 21 de agosto de 1124 do mosteiro de Montederramo, outorgado por dona Teresa de Portugal, deu orixe ao nome actual de “Ribeira Sacra” polo que coñecemos este privilexiado espazo natural e cultural que agarima os canóns dos ríos Sil e Miño. O nome orixinal está emparentado segundo historiadores como Vidán Torreira co termo latino “Robur, -oris” (carballo), polo que deberíase traducir por “Carballeira Sagrada”. Iso mesmo significa a Lubre, o bosque sagrado dos celtas, que da nome ao grupo. Non é casualidade por tanto que Luar Na Lubre e a Ribeira Sacra se fundan neste novo traballo.

Di o músico americano Ian Svenonius que hai algo de diviño, máxico e mesmo fantasmagórico na creación artística, e que os discos como elementos circulares teñen algo tribal, panteísta. Cando un grupo musical grava un disco, deixa nel unha pantasma arrastrando as súas cadeas, aprisionada nun mesmo momento emocional, destinado a repetirse ata o infinito.

Luar Na Lubre, presenza poderosa do país das Brétemas, afeita a trasfegar entre este e o Outro Mundo, leva trinta e dous anos, máis de catrocentas lúas, alternando centos de aparicións de latexante vitalidade polos teatros e castelos do occidente europeo, cos longos procesos alquímicos nos que pariu dezaoito discos, atrapando para sempre nos seus sucos ecos e ladaíñas.Ao abrirdes este novo disco que tedes entre as mans, maniféstasenos o espírito de Luar Na Lubre, arrastrando a súa cadea de dezaoito argolas que o envolve –cada argola representa un disco, e coas súas voltas forman unha espiral no eterno xirar, expandirse e atopar o centro-. Axexamos unha nova argola dourada, cunha inscrición, “R.S”. Desta vez internáronse no antigo reino da Ribeira Sacra, onde segundo o escritor Joaquín Arias Sanjurjo, algunha vez custodiouse o Santo Grial.

Ao pegar a orella na refulxente argola, sentimos os murmurios das augas e as silvas que ateigan as encostas, vales, soutos e carballeiras desta contorna tan especial. Ouvimos os ecos distantes das ermidas e mosteiros que dende os primeiros séculos foron xermolando ao redor deste espazo sagrado; os cantos, discusións teolóxicas e rezos dos monxes que os habitaron. Pásmannos as cores e rebumbios da vendima, o ir e vir de oficios nómades coas súas xirias: afiadores, cordeiros, cesteiros e feirantes. Unha sombra de escuridade crúzase coa presenza de Manuel Blanco, o Lobishome de Esgos, e os contos de fadas, meigallos e comercios ignominiosos, murmurados nas lareiras.

Presenciamos tamén neste disco un novo encontro épico de dous titáns, Luar Na Lubre e Coral de Ruada, auténticos King Kong e Godzilla, coma se dun clásico filme da Warner se tratase: A Coral De Ruada, Godzilla, monstro xa centenario xurdido do cerne da tradición galega, mutado e alimentado coas radiacións de xeracións de apaixonados coralistas; e Luar Na Lubre, Rei Kong, xigantesco gardián das fragas e bosques nos confíns da Terra.

Os vellos gaiteiros ao reflexionar sobre o seu oficio dicían que gañaran a vida vendendo ar. Certamente os músicos cicelan o ar cos seus instrumentos para liberar as emocións contidas. Deixémonos conmover por esta nova xoia de Luar Na Lubre, creadores de atmosferas e ilusións, escultores do vento.
(Félix Castro Vicente e Castor Castro Vicente)

Luar Na Lubre, a Coral De Ruada e a Ribeira Sacra.
A relación da Coral De Ruada con Luar Na Lubre remóntase ao ano 2002. Daquela acariciabamos un proxecto que consistía na gravación dun CD no que participasen artistas e grupos que incorporaran ao seu repertorio cantigas do de De Ruada. Luar Na Lubre gravara en 1997, no seu disco “Plenilunio”, o tema Cantiga de Falván, inspirado na nosa Pandeirada de Falván, e así o facían constar na documentación do disco. Fixéronse os contactos pero, a pesar da boa disposición que mostraron tódolos artistas cos que falamos, o proxecto non puido levarse a cabo naquel momento.

Anos despois, concretamente en 2015, retomamos o proxecto e volvemos topar a mesma boa disposición. No caso concreto de Luar Na Lubre, deuse a feliz coincidencia de que estaban a preparar o CD “Extra : Mundi” e Bieito Romero decidiu facer unha nova gravación da Pandeirada de Falván coa nosa participación para incluír no mesmo e cedérnola para o noso CD “De Ruada entre Amigos”, aparecido en 2016. O que ía ser unha colaboración puntual nunha cantiga converteuse en algo máis, xa que colaboramos en outras catro do mesmo CD e, posteriormente, nos concertos de presentación do mesmo en Ourense, Vigo, A Coruña, TVG…

En 2017, Luar Na Lubre gravou o novo traballo “XXX Aniversario”, para o que tamén contou coa nosa colaboración no emblemático tema Fonte do Araño, de Emilio Cao. E continuou a nosa colaboración con Luar na Lubre nos concertos de Santiago de Compostela, A Coruña e na TVG.

Agora, Luar Na Lubre decidiu abordar un novo proxecto dedicado á Ribeira Sacra para presentalo a mediados de 2018 en Ourense e, para gravalo, tiveron a xentileza de contar de novo coa Coral De Ruada, que participa en catro dos temas do mesmo. Para a Coral De Ruada, que cando se presente este CD estará a piques de cumprir os 100 anos levando o nome de Ourense por toda España e moitos países de Europa e América, participar nun traballo dedicado á Ribeira Sacra é, aparte dunha satisfacción enorme, un auténtico luxo. Convidándonos Luar Na Lubre, cos que xa nos une unha grande amistade, e tratándose de temas relacionados cos nosos pobos -Niñodaguia, Esgos…- coa nosa xente e cos nosos costumes -os afiadores, o barallete…-, a nosa decisión foi moi doada de tomar, aceptando con entusiasmo esta nova proposta de colaboración que, se de nós depende, non será a última.

(Coral de Ruada, Ourense)

LUAR NA LUBRE – RIBEIRA SACRA

Item no : 31822926037
sold recently : Login >>
US$ 22.45
Pay in 4 interest-free payments of $5.61 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 2 - Jul 7

Enjoy 20% off shipping

US$ 22.45

1-11

US$ 20.20

12-35

US$ 15.71

36-59

US$ 13.47

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches