20% OFF shipping at azure.archi on orders over $79 + up to 10% OFF products
azure.archi
home > LUAR NA LUBRE – CAMIÑOS DE FIN DA TERRA > LUAR NA LUBRE – CAMIÑOS DE FIN DA TERRA
download picture
LUAR NA LUBRE – CAMIÑOS DE FIN DA TERRALista de temas 14 A viaxe de Ero 13 A barca de pedra 12 A fonte das boliqueiras 11 Ecos do aln 10 Danzando nos confns 09 O son das augas 08 Centes 07 Meighallo 06 Pousa 05 Canto de andar 04 Gerdundula 03 Maria Solia 02 Britonia 01 Os animais SE AS CIDADES SON LIBROS QUE SE ESCRIBEN COS PS, a historia de Galicia unha sinfona xurdida da vontade de Luar Na Lubre. E aqu si cmpre explicarse, porque temos a fortuna de gozar dun dos colectivos musicais mis
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Lista de temas
14 A viaxe de Ero
13 A barca de pedra
12 A fonte das boliqueiras
11 Ecos do alén
10 Danzando nos confíns
09 O son das augas
08 Centeás
07 Meighallo
06 Pousa
05 Canto de andar
04 Gerdundula
03 Maria Soliña
02 Britonia
01 Os animais

SE AS CIDADES SON LIBROS QUE SE ESCRIBEN COS PÉS, a historia de Galicia é unha sinfonía xurdida da vontade de Luar Na Lubre.

E aquí si cómpre explicarse, porque temos a fortuna de gozar dun dos colectivos musicais máis interesantes que poidamos soñar, capaces de espertar os personaxes que marcaron a identidade e o devir, e recuperar as paisaxes polas que transcorreu esta historia anterior a nós.

A fin de contas, hoxe non existe ningún galego que non se sinta filla ou fillo de Breogán e que non albisque o horizonte na mesma dirección e coa mesma paixón que Ith, aínda sabendo que as lendas populares poden ser ou non ser.

E se non, escoita!….O seu son empúrrate e mergúllate nas historias máis incribles acontecidas en terras galegas e na imaxinación das súas xentes: LUAR NA LUBRE…

E todo en décimas de segundo!!!….O Luar racha a terra e percíbese un ritmo xordo de percusión profunda que é o pandeiro do amigo que xa non está, é o son do dolmen, o antigo ritmo da semente transformada na espiga do eterno labrego neolítico que todos levamos dentro… A Lubre, bosque sacro que utilizaban para realizar os seus ritos.

E, na súa conxunción, un ritmo interminable, o ritmo do mar, das ondas e mareas, coa lúa a marcar o tempo e transformarse en pedra, a facerse onda nos círculos que o cruzan, aparecen entón os seus ocultos misterios para sempre. Entre o Luar Na Lubre, os círculos concéntricos marcan o ritmo das ondas e das mareas, o da pedra e o tempo, o da vida e a morte, rexurdindo o principio e fin da existencia a través do ritmo da auga esvarando sobre a pedra. E así, entre tanta aldrabada á vida, pasan lúas e máis lúas., mentres no plenilunio os homes dos castros succionan cervexa ritual, bailando cun só pé e lanzando aturuxos ao ar, mentres unha moura peitea os seus cabelos louros e unha serpe espera os nove bicos que abrirán o grande tesouro a aquel que saiba descifrar a mensaxe da lúa e teña a virilidade de pasar as probas sen caer no terror, ao tempo que, dende o alto, dedícalle o seu sorriso aos sete pitos de ouro.

É esta outra lenda da identidade cultural galega, sempre presente nos traballos de profundidade deste grupo coruñés, xurdido no 1986 e que sempre entendeu a música como un dos factores máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego. E, engadindo influencias positivas e composicións propias , a identidade musical da súa terra
aparece como un tesouro legado e enriquecido: a irmandade e relación entre os pobos celtas, o vello culto ao sol, a muller dona da fertilidade, raíña do mar e do ventre na novena onda, outra vez o mar e o pintor Urbano Lugrís, a emigración e o exilio americano, a responsabilidade do presente e a esperanza no futuro. Son temas case monográficos emprendidos por estes oito músicos verdadeiramente comprometidos coa súa Galicia ata límites insospeitados na arte da música deica as súas primeiras obras na entrada da época dos 90.

E, agora, a piques de despedir o dous mil sete, embárcanse noutra aventura musical apaixonante como é esta dos camiños da fin da terra, achegándonos as claves dos movementos que conforman a identidade galega, máis de unha ducia de cancións que aportan unha enorme sensación de mar, terra e beleza, de imaxes suxestivas e cómplices con eles mesmos, porque o feito de estaren situados nun dos confíns máis occidentais de Europa, marcou o comportamento das súas xentes e mantivo tradicións ancestrais.

Cancións como “Britonia” unha parte dos celtas bretóns expulsados das illas británicas chegaron ás costas galegas fundando o famoso bispado-provincia; “O son das augas”, un xesto recoñecido ás augas que manan de fontes e montañas, dos ríos e ata do ceo; “A barca de pedra”, un alalá moi antigo que narra como a Virxe chegou a terras de Muxía nunha barca de pedra; “Os Animais”, o gran diluvio e a Arca que portaba animais e navegou e navegou ata embarrancarse nun monte da actual Noia, unha canción de orixe irlandesa; “María Soliña”, un dos personaxes históricos femininos torturada pola inquisición e que significou un símbolo exemplar para o pobo; e entre outras cancións e pezas tradicionais, “Centeás”, un sentido homenaxe ás conserveiras, redeiras, labregas e lavandeiras comunais, en definitiva, ás mulleres traballadoras dunha Galicia que muda a pasos axigantados.

Iñaki Peña
Director de “Trébede”
Radio 3 – RNE

LUAR NA LUBRE – CAMIÑOS DE FIN DA TERRA

Item no : 84382718828
sold recently : Login >>
US$ 14.16
Pay in 4 interest-free payments of $3.54 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 2 - Jul 7

Enjoy 20% off shipping

US$ 14.16

1-11

US$ 12.74

12-35

US$ 9.91

36-59

US$ 8.50

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches